top of page
Dúo Esjedon
Creouse en Outubro do 2017, a raíz da idea de crear e buscar unha nova sonoridade coa atípica formación do clarinete e do violonchelo. Estés xoves músicos xa comenzaron a facer música xuntos ao comezo do ano 2016 en formacións de cámara máis típicas, como trío con piano ou a intensa obra de Messiaen, Cuarteto para a fin dos Tempos, para violín, clarinete, piano e violonchelo. Será a partir do 2017 cando comecen a desligarse das convencionalidades na música de cámara e decidan crear o Dúo Esjedon, incorporando música dos seus orixes galegos e gregos, sendo a parte principal do seu repertorio.
Principalmente realizan concertos en diferentes auditorios, galerías de arte e festivais, como o recoñecido KlaraFestival en Bélxica. Un dúo internacional e diferente que leva a música galega por Europa gozando de moi boa acollida alí onde van.
9 e 12 de Xullo, Pontevedra
OS NOSOS FINS:
- Fomentar a música, cultura e actividades creativas e innovadoras dentro e fora de Galicia.
- Elaborar, participar, colaborar ou fomentar diversas actividades culturais e musicais.
- Axudar e promover a carreira de xovenes concertistas.
- Promover a música en directo.
- Colaborar estreitamente coas escolas de música, festivais, asociacións, concellos, e outros colectivos existentes para un fomento cultural.
-Participar e/ou organizar concertos, festivais, encontros e outras actividades culturais, sociais e educativas, organizadas polas diferentes institucións públicas e privadas.
- Promover o acordeón, o seu repertorio e intérpretes.
- Dinamizar a lingua galega.
bottom of page