Dúo Esjedon
Creouse en Outubro do 2017, a raíz da idea de crear e buscar unha nova sonoridade coa atípica formación do clarinete e do violonchelo. Estés xoves músicos xa comenzaron a facer música xuntos ao comezo do ano 2016 en formacións de cámara máis típicas, como trío con piano ou a intensa obra de Messiaen, Cuarteto para a fin dos Tempos, para violín, clarinete, piano e violonchelo. Será a partir do 2017 cando comecen a desligarse das convencionalidades na música de cámara e decidan crear o Dúo Esjedon, incorporando música dos seus orixes galegos e gregos, sendo a parte principal do seu repertorio.
Principalmente realizan concertos en diferentes auditorios, galerías de arte e festivais, como o recoñecido KlaraFestival en Bélxica. Un dúo internacional e diferente que leva a música galega por Europa gozando de moi boa acollida alí onde van.
9 e 12 de Xullo, Pontevedra
Fomentando o acordeón
Nova etapa:
A Asociación Música Viva está comezando unha nova etapa, na que os seu epicentro será desenvolver actividades relacionadas coa difusión e desenrolo do Acordeón.
Queremos crear unha comunidade de acordeonistas que se impliquen no fomento do instrumento.
Estade atentos porque pronto teredes novas de tódolos nosos proxectos!
O primeiro está apiques de comezar e se queres ter toda a información só tedes que seguir lendo abaixo.
Inscripción Ensemble de acordeóns
Comezamos forte e para iso queremos contar con todos vos!
A idea e fomentar a música para acordeón o grande, e que mellor que un ensemble de acordeóns para conseguilo.
Realizaremos os ensaios os sábados pola mañá unha o mes no Centro Cultural de Lérez, (Rúa Leando del Río Carnota, no. 12, 36156, Pontevedra).
Esta actividade é totalmente de balde, e o seu obxetivo e promover a música para acordeón e os seus intérpretes, así como as relacións entre eles.
Se queres participar inscríbete premendo en inscripción :