top of page
  • Facebook
  • Instagram
  • Youtube

CIDADE DE

PONTEVEDRA

Festival de

Música de

Cámara

9 e 12 de Xullo, Pontevedra

AXENDA
Axenda
Ancla 1
Localización
GRUPOS CONVIDADOS
33097384_1000395766780510_53751473575810
33097384_1000395766780510_53751473575810
_DSC3230_edited.jpg
Dúo Esjedon
Creouse en Outubro do 2017, a raíz da idea de crear e buscar unha nova sonoridade coa atípica formación do clarinete e do violonchelo. Estés xoves músicos xa comenzaron a facer música xuntos ao comezo do ano 2016 en formacións de cámara máis típicas, como trío con piano ou a intensa obra de Messiaen, Cuarteto para a fin dos Tempos, para violín, clarinete, piano e violonchelo. Será a partir do 2017 cando comecen a desligarse das convencionalidades na música de cámara e decidan crear o Dúo Esjedon, incorporando música dos seus orixes galegos e gregos, sendo a parte principal do seu repertorio.
Principalmente realizan concertos en diferentes auditorios, galerías de arte e festivais, como o recoñecido KlaraFestival en Bélxica. Un dúo internacional e diferente que leva a música galega por Europa gozando de moi boa acollida alí onde van.
Dúo Xistra
Innovador en canto a súa formación, presenta un programa de música clásica para todos os públicos mediante o cal emprende un percorrido por composiciónsorixinais e transcritas para esta formación de música de cámara.  Este orixinal dúo pretende iniciar a búsqueda dunha nova visión e son para o período que abrangue desde o barroco ata o contemporáneo. Na súa curta traxectoria realizaron unha xira de concertos por América Latina, onde participaron no Festival de Música de Cámara Cidade de Mendoza (2017), en Argentina. Da mesma maneira, colaboraron dando unha conferencia e concerto no Conservatorio Nacional de Acordeón de Santiago de Chile. Recibiron o primeiro premio no IMKA Music Competition (2017) en Bosnia Herzegovina, realizando como parte do premio, un concerto no Armi Hall de Sarajevo. Recibiron o segundo premio e o premio do público no Concurso de Música de Cámara de Alzira (2018). Compaxinan a súa carreira artística realizando clases maxistráis a diferentes grupos tanto a nivel individual coma camerístico.
LOCALIZACIÓN
A Igrexa de San Francisco atópase a escasos metros da praza da Ferrería e conta cunha acústica adecuada para concertos clásicos de pequena escala, como por exemplo ensembles de música de cámara de dous a cinco integrantes.

   O Festival de Música de Cámara Cidade de pontevedra nace da necesidade dar a coñecer a diferentes músicos galegos que contan cunha proxeción internacional.

 

    Cando creamos o proxecto do Curso Musical Manuel Quiroga, dímonos conta de que tiñamos moitos referentes cercanos no ámbito da música de cámara que facían concertos ó redor do mundo, pero que a pesar disto non o facían nas súas propias cidades.

    A idea foi crear un festival que por unha parte servise coma referente a futuros profesionais da música en Galicia e por outra parte que servise para que esos músicos profesionais nos deleitasen co seu arte e preto do seu orixe.

Grupos convidados
RSVP
bottom of page