top of page
  • Facebook
  • Instagram
  • Youtube

CIDADE DE

PONTEVEDRA

II Festival de

    Música de

Cámara

8 e 10 de Xullo, Pontevedra

AXENDA
Axenda
Ancla 1

   O Festival de Música de Cámara Cidade de pontevedra nace da necesidade dar a coñecer a diferentes músicos galegos que contan cunha proxeción internacional.

 

    Cando creamos o proxecto do Curso Musical Manuel Quiroga, dímonos conta de que tiñamos moitos referentes cercanos no ámbito da música de cámara que facían concertos ó redor do mundo, pero que a pesar disto non o facían nas súas propias cidades.

    A idea foi crear un festival que por unha parte servise coma referente a futuros profesionais da música en Galicia e por outra parte que servise para que esos músicos profesionais nos deleitasen co seu arte e preto do seu orixe.

Localización
GRUPOS CONVIDADOS
arroute circular.png
rhea circular.png
Cuarteto Arroute
O cuarteto Arroute formouse no ano 2018, como froito da paixón que os seus compoñentes sinten pola música de cámara.
Os seus membros participaron en diversos grupos con anterioridade,
chegando a gañar concursos internacionais de música de cámara con outras formacións.
Logo de ter vivido estas experiencias, xurde a iniciativa de crear este
cuarteto para continuar aprendendo e desfrutando desta agrupación
instrumental, interpretando un repertorio diverso, tanto orixinal para cuarteto de clarinetes, como arranxos.
Os seus compoñentes son Javier Blanco, Noelia Carrera, Adriana Carrera e Alejandro Domínguez.
Rhea Quartet
Rhea Quartet é un cuarteto de saxofóns que xurdiu en Madrid no Centro Superior Katarina Gurska grazas ao entusiasmo de catro músicos novos que buscan explorar as posibilidades desta formación e da música de calidade.
Tocaron en lugares emblemáticos como Madrid, Toledo, París, Alemaña ou Polonia. Tamén tocaron como solistas coa orquesta do Real Sitio. Ese mesmo ano obtiveron o 2 º premio na "94ª edición do Concurso de Cámara Xuventudes Musicáis de España" e recibiron numerosos premios nacionais e internacionais entre os que resalta un 1º premio no "V Concurso Internacional de Música de Cámara de Bydgoszcz", un 1º premio no "X Concurso de Música de Cámara "Jacobo Soto Carmona" ou o premio á mellor interpretación da música española na 8ª edición do "Concurso Internacional de Música de cámara Antón García Abril ".
Interpretan transcricións e música orixinal, traballando con compositores de música actual como Jesús Torres ou David del Puerto. Realizan cursos de mellora co Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Xavier Gagnepain, Rita Wagner ou Heime Müller entre outros O seu obxectivo é a interpretación esixente e crítica, respectando cada lingua, época e compositor, e contribúen á difusión da cultura musical.
LOCALIZACIÓN
A Igrexa de San Francisco atópase a escasos metros da praza da Ferrería e conta cunha acústica adecuada para concertos clásicos de pequena escala, como por exemplo ensembles de música de cámara de dous a cinco integrantes.
Grupos convidados
RSVP
bottom of page