top of page
Dúo Esjedon
Creouse en Outubro do 2017, a raíz da idea de crear e buscar unha nova sonoridade coa atípica formación do clarinete e do violonchelo. Estés xoves músicos xa comenzaron a facer música xuntos ao comezo do ano 2016 en formacións de cámara máis típicas, como trío con piano ou a intensa obra de Messiaen, Cuarteto para a fin dos Tempos, para violín, clarinete, piano e violonchelo. Será a partir do 2017 cando comecen a desligarse das convencionalidades na música de cámara e decidan crear o Dúo Esjedon, incorporando música dos seus orixes galegos e gregos, sendo a parte principal do seu repertorio.
Principalmente realizan concertos en diferentes auditorios, galerías de arte e festivais, como o recoñecido KlaraFestival en Bélxica. Un dúo internacional e diferente que leva a música galega por Europa gozando de moi boa acollida alí onde van.
9 e 12 de Xullo, Pontevedra
Localización
GRUPOS CONVIDADOS
Dúo Rhea
Integrado por Pablo Fernández Baladróne Jaime Augusto Serrano, Rhea é un grupo de cámara formado por dous saxofonistas que se senten avalados pola súa larga traxectoria no ámbito da interpretación. Este dúo busca transformar a sonoridade da música antiga, dándolle un timbre único nos nosos días, que os oídos pasados non podían escoitar, dándolle sentido ás composicións do mundo antigo na época moderna. Pablo e Jaime ofreceron concertos por toda a xeografía española e parte do territorio europeo, sendo recoñecidos pola crítica e o público na difícil tarefa de facer soar música de teclado ou de corda ao saxofón.
Dúo Karolina Mikołajczyk & Iwo Jedynecki
Son un dos conxuntos de cámara máis vibrantes e innovadores da nova xeración. Gañadores de Grand Prix e 1º premios en certames internacionais de música (Francia, Italia, Austria, Croacia, Polonia), actuando no New York Carnegie Hall, Guangzhou Opera House e Warsaw Philharmonic, onde gozaron do seu debut ante un público esgotado. Tocaron recitais en Francia, Alemaña, Suíza, España, Italia, Xeorxia, Estados Unidos, Cuba, Chile, China, Singapur, Vietnam, Cambodia, Malaisia, Brunei e Tailandia. As actuacións do Duo descríbense como perfectas e maduras, aínda que luminosas e cheas de vitalidade xuvenil. Moitas pezas obteñen novas interpretacións e sons orixinais grazas ás transcricións de acordeón de Iwo Jedynecki. A día de hoxe, o Dúo gravou dous discos en CD: "Premiére" con música contemporánea orixinal e autoorganizada (por exemplo, Frartes de Arvo Pärt) para violín-acordeón ,e "Orfeum Trio Plays Piazzolla".
LOCALIZACIÓN
O Convento de Santa Clara atópase na beira das marxes do Río Lerez e conta cunha acústica adecuada para concertos clásicos de pequena escala, como por exemplo ensembles de música de cámara de dous a cinco integrantes.
Grupos convidados
RSVP
bottom of page